terça-feira, 25 de janeiro de 2011

II Xeira Románica. Terras do Saviñao

II Xeira Románica

San Paio de Diomondi e Seteventos


Domingo, 6 de febreiro de 2011

Quen pode asistir?
Calquera persoa -socio o non de O Sorriso de Daniel- que estea interesada en coñecer estas dúas fermosas igrexas do concello d´O Saviñao (Lugo).
Co privilexio de facelo da man de Dna Nieves Peiró, D. Ramón Yzquierdo Perrín e D. Xoán Rodríguez

Cal é o programa?

  • 9h saída en bus de Salgueiriños -Diante do Edificio de Facenda- en Santiago de Compostela
  • 10 parada en Lalín para coller máis xente. Aparcamento de Eroski.

  • 11.30h chegada a San Paio de Diomondi. Explicación sobre a importancia do Pazo bispal de Diomondi e o seu papel na historia da diócese de Lugo a cargo da profesora Dna. María Nieves Peiró. Acompañarános na visita á igrexa D. Ramón Yzquierdo Perrín autor da tese La arquitectura románica en Lugo e membro da Real Academia de Belas Artes do Rosario. O Arquitecto D. Xoán Rodríguez (Presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense) faranos unha introdución sobre cómo se aborda unha restauración como a que se debe realizar no edificio de Diomondi recentemente derrubado.



 
  • 13h. Realización dunha Foto-Denuncia do estado actual do edificio
  • 14h. Xantar no Restaurante Durán de Escairón (O Saviñao)
  • 16h.30h Visita á igrexa de Seteventos (O Saviñao)



  • Regreso do autobús por Lalín ata Santiago de Compostela

Cal é o custo da II Xeira Románica?
-Billete de bus: 8€
-Xantar: 15€ (Primeiro plato caldo galego, segundo plato xamón asado con arroz de verduras ou pescada á romana, sobremesa e café). Agradécese que no momento de facer a reserva se indique a elección do segundo prato.

Qué hai que facer para poder asistir?
Enviar un correo electrónico a osorrisodedaniel@gmail.com. indicando o nome das persoas que van asistir e se van usar o servizo de bus e se comerán co grupo. É importante deixar un teléfono de contacto. A data límite para anotarse é o 2 de febreiro. O número de prazas para bus e restaurante é limitado



Nota.- Para aqueles que decidan ir polos seus propios medios e xantar fóra do grupo a asistencia é de balde.

¡Correde a voz!
Se vindes nos vosos coches conducide amodiño: O Románico é para vivilo.