sexta-feira, 2 de março de 2012

Polo reagrupamento do Patrimonio Mateano!






Porque estamos a favor do reagrupamento do Patrimonio Mateano na Catedral de Santiago enviamos un burofax á presidenta da Fundación Francisco Franco pedíndolle que deposite no Museo da Catedral as dúas pezas que ten e que no seu día saíron do Pórtico da Gloria.
Resgardo do burofax enviado o 29 de febreiro e acuse de recibo o 1 de marzo
E dicíamoslle así:


Á atención de Dna Carmen Franco Polo
Presidenta da Fundación Nacional Francisco Franco
Avda de Concha Espina 11, 2º
28016 Madrid

Galicia, febreiro de 2012

A Asoción do Patrimonio Medieval O Sorriso de Daniel é unha asociación cultural que figura inscrita no Rexistro de Asociacións Culturais co número 2010/014212-1 

Son os nosos fins 
A)    Promover, defender, estimular e apoiar a conservación do Patrimonio Medieval Galego
B)    A difusión exterior e dentro do territorio da Autonomía galega deste patrimonio e, dun xeito moi sinalado todas as manifestacións da arte románica: arquitectura, escultura, pintura, artes suntuarias…
C)    O fomento do seu estudo e coñecemento.
D)   A transmisión do seu valor ás xeracións vindeiras.

O pasado 22 de xaneiro asistimos a unha visita ao Museo da Catedral de Santiago onde nos agasallaron cun catálogo da Exposición Domus Iacobi. Esta exposición foi promovida pola Catedral compostelana e contou co apoio do Consorcio de Santiago, o Gobierno de España, o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, así como coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. No catálogo puidemos contemplar as dúas magníficas tallas pétreas que, provenientes da Catedral de Santiago, hoxe en día están en poder da súa familia.

Na nosa asociación temos como norma non escrita falar pouco ou nada de política. Non son as ideas políticas de cada un de nós as que nos xuntaron para reivindicar o valor do románico galego. Polo tanto tampouco o faremos con vostede, nin trataremos de abordar unha posible discusión sobre a lexitimidade o non da súa actual posesión. 

A observación das dúas fermosísimas pezas fíxonos reflexionar unha vez máis sobre a necesidade de que o patrimonio, sempre que sexa posible, poida ser contemplado no entorno máis inmediato para o que foi creado.

Estas dúas pezas, hoxe separadas, forman parte do rico tesouro escultórico que a man do Mestre Mateo deixou na Catedral de Santiago. O conxunto, concibido como tal, creado como tal, e durante centos de anos custodiado como tal, debe chegar ás xeracións vindeiras na medida do posible agrupado. A Catedral de Santiago e o seu magnífico Museo, -e nisto seguramente poderemos concordar-, son lugares que non ofrecen ningunha dúbida sobre a idoneidade para acoller estas pezas, xa que de ela saíron.



O Pórtico da Gloria, conxunto do que foron extraídas no seu día, merece o esforzo que agora vimos propoñerlle.

É por isto que nos atrevemos a propoñerlle que con motivo desta celebración do 800 aniversario, e como remate senlleiro a este aniversario, estas pezas sexan entregadas para a súa custodia ao Museo da Catedral e reintegradas definitivamente a esta Sé.

Atentamente
A Xunta Directiva de O Sorriso de Daniel.
As pezas fotografadas no catálogo da exposición Domus Iacobi.
Breve cronoloxía
1188-1211. As dúas pezas tállanse no obradoiro do Mestre Mateo para o conxunto do Pórtico da Gloria.


1933. Fermín Bouza Brey localiza as pezas nun pazo da Ulla propiedade do Conde de Ximonde, D. Santiago de Puga y Sarmiento, e sitúa o seu traslado a este lugar no século XVIII da man de D. Pedro María Cisneros y Castro.


1947. Unha Comisión integrada por D. José Daporta, D. Antonio Asorey e D. Jesús Carro aconsella a compra das dúas pezas por parte do Concello de Santiago de Compostela a quen lle foran ofrecidas polo Conde de Ximonde.


1948. O Concello de Santiago merca as pezas coa condición de que nunca saísen de Santiago de Compostela.


1961. Na exposición El Arte Románico organizado polo goberno español baixo os auspicios do Consello de Europa figuran xa como propiedade de Francisco Franco e  depositadas no Pazo de Meirás.





Así temos noticia pública por primeira vez, no ano 1961, de que as pezas pasaron á propiedade de Francisco Franco.

E así se conta a historia destas pezas no texto extraído do Catálogo da Exposición Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago.



Abraam e Isaac?
Ca. 1188-1211
Granito
Procede da fachada occidental da Catedral

Antonio López Ferreiro foi o primeiro en chamar a atención sobre a decoración escultórica da fachada exterior do Pórtico da Gloria, referíndose ás dúas magníficas pezas que representan a David e mais a Salomón e que se asoman ó Obradoiro desde o peitoril da escalinata da fachada.
Bouza Brey, en 1933, publica un artigo sobre dúas figuras do Mestre Mateo que, propiedade do Conde de Gimonde, D. Santiago de Puga y Sarmiento, se atopaban  “á entrada da casa petrucial mentada, dando frente ô Patio de armas que ten diante”, en referencia á casa que o devandito conde posuía na zona do Ulla, veciña a Compostela. O propio Bouza consideraba que estas imaxes debían de ter sido trasladadas a aquel lugar no último terzo do século XVIII por D. Pedro María Cisneros y Castro, que, naquela época, ostentaba devandito título nobiliario e, ademais, era “home de inquietudes intelectuais”. No seu artigo o mencionado autor realizaba unha descrición polo miúdo de cada unha das pezas e logo as identificaba como obras do Mestre Mateo e pertencentes “unha a cada banda da Porta principal da Basílica, na parte externa”, sinalando, finalmente, que poderían “representare persoajes da Antiga Ley”.
Nunca se volveu saber nada destas poezas ata que, como afirma o profesor Yzquierdo Perrín, en 1947, o Concello de Santiago de Compostela, en dúas sesións plenarias, propón, por iniciativa do Alcalde D. Joaquín Sarmiento, a adquisición das esculturas, que lle foran ofrecidas polo seu propietario. Para estudar esa compra, o Concello nomea unha comisión integrada por D. José Daporta, D. Antonio Asorey e D. Jesús Carro, que presentan os seus informes por separado e fan fincapé no gran valor das pezas e na comenencia de adquirilas para a cidade, valorándoas en 60.000 pesetas. A única condición imposta polo Conde de Gimonde para a súa venda, en tan vantaxoso prezo era que “nunca poderían saír desta cidade, pois esta venda ten como obxecto de enriquecer coas referidas estatuas o patrimonio municipal de Santiago de Compostela”. Finalmente, as obras foron compradas con cargo ó orzamento de gastos municipal en xuño de 1948, constando na cláusula terceira do documento notarial que “condiciona D. Santiago Puga Sarmiento a venda expresada a que as estatuas que son obxecto desta permanezan indefinidamente no patrimonio do Excmo. Concello de Santiago de Compostela, de maneira que, se por calquera circunstancia estas estatuas saísen do patrimonio municipal (…), a Corporación Municipal deberá indemnizar a cantidade de catrocentas mil pesetas”.
As imaxes estiveron colocadas nas escaleiras do Pazo de Raxoi durante algúns anos pero na exposición sobre arte románica, celebrada en 1961, apareceron como “Propiedade da Súa excelencia o Xefe do Estado. Pazo de Meirás”, desde onde se trasladarían á súa actual sé permanente na coruñesa Casa de Cornide.
O profesor Yzquierdo sinala, no seu estudo sobre a fachada exterior do Pórtico da Gloria, que estas pezas pertenceron, indubidablemente, á citada obra, cunha montaxe similar á das estatuas columna da parte interior, e considera que, con outras pezas que sumarían cando menos seis –catro que se conservan máis unha da que existe unha cabeza e a que, necesariamente, faría parella con esta, completarían a mensaxe do conxunto do Pórtico da Gloria.

O De-Ambulatorio Románico d´O Sorriso de Daniel
quere ser unha voz que alerta,
unha man que axuda,
un corazón que alenta.

16 comentários:

  1. Na "breve cronoloxía" que figura no texto extraído do catálogo da exposición "Domus Iacobi", constátase unha opacidade incongruente entre as datas 1948-61, que xustamente coinciden co cambio de propietario (o Concello de Santiago)ao ditador. Como ocorre co pazo de Meirás é unha apropiación ilexítima. Ambos os dous exemplos son patrimonio de Galicia e deberían ser devoltos ao seu lexítimo dono.

    ResponderEliminar
  2. Realmente a "Breve cronoloxía" fixémola nós para facilitar a lectura cos ires e vires da peza... os datos saen do texto do Catálogo.
    No caso destas pezas hai o agravante de que o Concello de Santiago as mercou nun prezo moi favorable coa condición esixida polo vendedor de que se comprometían a que nunca saisen de Compostela.
    A nós sorpréndenos que algo como o conxunto do Pórtico da Gloria poida andar disperso por varios sitios e ademais sen que case ninguén sexa consciente de que alí faltan pezas. Fálase tanto de cando se perdeu a policromía e tan pouco das pezas que faltan...

    ResponderEliminar
  3. O profesor Izquierdo/Yzquierdo Perrín e falecido profesor Otero Tuñez fpron os responsables perpetrar outro atentado patrimonial de alto calibre: o da reconstrucción del coro pétreo do Maestro Mateo. Contaron para elo co patrocinio millonario da Fundación Barrié de la Maza, Os expertos solo se atreven a criticar en privado.esta bochornosa reconstrucción-pastiche. Propongo abrir este foro de O Sorriso de Daniel para os especialistas esciban libremente sobre este espinoso tema.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este blog como tal non ten unha estrutura axeitada para un foro.

      Por outra banda as experiencias de foros dese tipo en páxinas de outras asociacións tampouco nos parece moi interesante. O feito de traballar con alias acaba deturpando bastante a natureza das discusións xa que xente non identificada opina sobre persoas perfectamente identificadas e iso crea na conversa un gran desequilibrio.Os debates como o que propós parécenos de moito interese que se dean en outros contextos onde as persoas se identifican debidamente e as ideas poidan ser o centro da discusión.

      Un país con tres Universidades, unha Real Academia de Belas Artes, un Consello da Cultura etc parece que ten lugares abondos e axeitados para que se dean debates científicos. Mentres como dis "os expertos solo se atreven a criticar en privado" este será un pais moi pobre. O interesante é que todas as actuacións patrimoniais poidan ser confrontadas e discutidas dun xeito público e cordial. Esta como tantas.

      Entendemos que a reconstrución do coro pétreo é unha das posibles. Non temos ningunha dúbida de que outros autores poderían formular outras teses. E se entre os socios abrísemos ese debate estamos seguros de que habería opinións máis favorables ca outros.
      Mais aínda así as pezas están no Museo á vista de todos para seren contempladas e as pezas como tales non están perdidas e poderían someterse a outra re-lectura. Nese sentido parécenos que é un caso ben diferente do das pezas que solicitamos que volvan e que están en poder dos Franco. Pode o puzle ser montado de outro xeito? Seguramente. Por suposto. Unhas máis acertas e outras menos. Non en balde son moitas as pezas que faltan e quizais o tempo mellore a interpretación dos profesores Yzquierdo e Otero Túñez.
      Dado que somos ananos que camiñamos a ombreiros de xigantes outros virán que poderán ver máis lonxe. E oxalá o fagan para regalía de todos.

      Eliminar
  4. "Na nosa asociación temos como norma non escrita falar pouco ou nada de política". Efectivamente, la practicáis con los hechos. Por ejemplo escribiendo una carta en gallego y dirigida a una señora que vive en Madrid y cuya lengua se supone que será el castellano.

    Ese regalo, como el del pazo de Meirás fue un obsequio de nuestros mayores por algo impagable: habernos librado del terror rojo. Lo hicieron y bien hecho está. Quien no esté de acuerdo, que acuda a los tribunales. Si la petición --que podría ser razonable en otra autoría-- no tendiese a hacer política, ni se enviaría a través de un carísimo burofax, ni menos se daría a conocer a los medios de comunicación. Lo normal sería pedir una entrevista a Dª Carmencita, persuadirla, mantener estas gestiones fuera de los medios hasta conseguir el fin propuesto. Como que sospecho que se emplean estrategias leninistas, eso de denigrar hasta aniquilar, no se hace nada de lo anterior porque aquí lo que realmente interesa es denigrar una época, un gobernante y una familia.

    La familia Franco, que yo sepa, nunca se negó a ceder esas piezas para exposiciones, por ejemplo la del 800 aniversario de la fundación de La Coruña, ciudad en donde por cierto se conservan las esculturas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estimado Anónimo:
      Unha única aclaración: a carta foi enviada en galego e en castelán.
      Do restante cada quen ten as súas opinións.

      Eliminar
    2. Ha,ha,ha,ha,ha. O entroido xa pasou e para o 28 de decembro aínda queda. Pobriños dona Carmencita e compaña!

      Eliminar
  5. Despois de ler algúns dos comentarios teño a sensación de que para segundo quen o esencial non é o patrimonio senón abrir un debate sobre a familia Franco...
    En resumo, unha aperta moi forte aos membros de O Sorriso de Daniel e grazas polo voso traballo.

    ResponderEliminar
  6. Grazas a ti Félix. Este é un camiño que facemos todos xuntos. A xente das parroquias que coida as igrexiñas, os que as visitamos, os que as inclúen nas guías turísticas, os profesionais que interveñen nos seus coidados, as administracións cando actúan dunha outra maneira...
    Trataremos de non entrar a ningunha provocación para que falemos de algo que non sexa o Patrimonio Románico Galego.
    Abrimos este blog para falar do Patrimonio Románico Galego e non lle vemos sentido nin interese a desviarnos por outros camiños. Para eses debates hai outros foros.
    A carta, como todas as cousas, seguramente é manifestamente mellorable. Pero medimos moito o que puxemos precisamente para non entrar a esas discusións. Sabemos qué adxetivos puxemos e cales desbotamos. Sabemos o que pedimos e por qué o pedimos. Mais nada.

    ResponderEliminar
  7. Coincido coa opinión de Felix: moitas grazas ao Sorriso de Daniel polo seu traballo impecable solicitando o reagrupamento mateano. Respeto pero non comparto o argumento do administrador deste blog respecto a reconstrucción do coro mateano. Disciplinas como a historia da arte e a restauración son complementarias, pero diferentes porque os restauradores interveñen e deben seguir criterios para elo. A estas alturas do coñecemento en Restauración pétrea pensar que as pezas do coro pétreo son un puzzle que se pode resolver con diversas combinacións posibles é descoñecer o dano irreparable e irreversible que sufriron os vestixios orixinais do coro. As pezas foron rebaixadas e aserradas con medios mecánicos para facelas encaixar, e para que o lucimento fora maior e quedara o conxunto moi moi rebonito, pegaronse con resina epoxi as novas pezas e os vestixios conservados, este pegamento convirte o pastiche-reconstrucción en irreversible. Non lles chegaba facer unha reconstrucción virtual e tiveron que agredir os vestixios. O mesmo amor e paixón que move O Sorriso de Daniel, levame a escribir neste blog, xa nos gustaría que o Consello da Cultura ou Academias varias organizaran un simposio para aprender desa desfeita. Para iso sería imprescindible que os conferenciantes ou ponentes foran libres e valentes, cousa ben difícil nesta terra galaica nosa. Escribo para precisar, desculpas pola persistencia, pero considero que é importante. Gracias polo voso traballo,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As desculpas non se precisan. Porque estamos seguros que estas reflexións nacen do amor común polo Patrimonio. Ningún debate é estéril cando os que debaten o fan co ánimo posto en mellorar a actual situación, que seguramente todos calificaríamos de manifestamente mellorable. O "administrador" do blog como che dicía na anterior contestación non é máis que un dos socios de O Sorriso de Daniel (o que está de "garda" cando cadra) e cando dicía que "se entre os socios abrísemos ese debate estamos seguros de que habería opinións máis favorables ca outros" dicíamolo coa absoluta seguridade de que ese sería a realidade.
      Ese debate que ti pos enriba da mesa, cremos que é moi saudable que se dea. Pero non nos parece este o lugar axeitado polas razóns que explicabamos no outro post.
      Polo demais como administradores do blog non manifestamos ningunha opinión concreta sobre a reconstrución porque ese debate non se abriu na asociación no seu día e non hai unha postura da asociación. Como asociación tratamos de que sexa a directiva ou asemblea de socios a que tome posicións cando consideramos que pode ser de algunha axuda nalgún tema concreto.

      O que si insistimos é que non é nada edificante falar nas cafeterías (como ti dicías) e logo non tomar postura onde hai que tomala. Cando dicimos hai tres universidades queremos dicir que por sorte hai profesores de diferentes áreas implicadas nesas tres universidades, hai un Consello da Cultura queremos dicir que por sorte hai persoas que integran as diferentes áreas, hai unha Academia de Belas Artes queremos dicir que por sorte hai persoas que integran esa academia.
      E o tempo pode acabar por demostrarnos que os pecados de omisión tamén son pecados.
      Igual o que toca agora é preguntarlles máis, facelos máis partícipes, e iso pode ser tarefa de todos nós. Mesmo sabendo que algúns prefiran non intervir en debates deste tipo que certamente teñen a súa parte incómoda.
      E retomamos as palabras de Félix para re-centrarnos na volta das pezas mateanas... Que xa nos estás desviando (agarimosamente).

      Eliminar
  8. A envexa é o mal patrio e, aínda que pasen os anos, non faltan comentarios de café maledicentes sen base algunha. É intolerable que alguén como Esteban fale do que non sabe con tanta alegría es se permita difamar a dous dos más prestixiosos investigadores e profesores de Hª da Arte de Galicia citando comentarios anónimos, non dando argumentos sólidos e os que da son totalmente falsos.
    Tiven a ocasión de asistir a unha conferencia do Profesor Yzquierdo hai anos e tamén a unha visita comentada por él á reconstrucción do Coro no Museo da Catedral. Como eu tamén escoitara algún comentario de ese tipo no seu momento, pregunteille por eses mesmos temas e, Sr. Esteban, resumindo moitísimo, pois como ben apuntan dende O Sorriso de Daniel, non é este o foro, nin o momento para elo, direille que a reconstrucción é froito, en primeiro lugar dunha profunda investigación sobre o tema que foi publicada e debatida convenientemente ó longo de varios anos; logo se preparou un completo proxecto que, tras unha longa tramitación e feitas as oportunas modificacións, foi aprovada por Patrimonio; ás dúas premisas foron a realización da reconstrucción para evitar a dispersión de pezas e, deste xeito, máis perdas irreparables de restos do Coro; e que esa reconstrucción fora totalmente reversible se fora necesario. E así é, no momento que sexa preciso, pódese desmontar toda a reconstrucción sen que as pezas orixinais sufran dano algún. É falso por tanto o que vostede dí. Tamén é falso que se alterasen as pezas orixinais, ás que se adaptaron, mediante a realización de vaciados previos das pezas orixinais, foron as pezas novas que se diferencian perfectamente das outras no resultado final. Todas as pezas orixinais utilizadas foron rexistradas nun inventario independiente que se atopa nos arquivos do Museo da Catedral, con medidas, fotos, localización, etc. Todo isto, ademáis, consta en diferentes publicacións sobre o traballo desenvolvido que foi obxecto, incluso, dun simposio internacional no seu momento. Precisamente, desde simposio saíron críticas moi favorables ó realizado provintes de expertos de recoñecido prestixio, algún dos cales recoñeceuse contrario inicialmente á intervención e mudando de posición ó coñecer o traballo. Tamén foi eloxiado por institucións tan prestixiosas coma a propia Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
    Xa digo que é un resumo do que tiven ocasión de escoitar no seu día e do que teño lido en diferentes publicacións serias (non en charlas de café ou en foros de internet onde o anonimato permite a fácil difamación sen argumentos). Os especialistas os que vostede alude sen identificar poden realizar un estudio da obra e propoñer e publicar as súas conclusións a ver se son máis acertadas que as actualmente consideradas válidas, ese é o camiño, non andar falando sen cancela tentando, seguramente por envexa, desprestixiar un traballo serio e de moitos anos.
    Por certo, todas as institucións que O Sorriso alude, no seu momento, aplaudiron e informaron positivamente sobre o proxecto, así como moitos catedráticos, profesores, investigadores, especialistas, etc. nacionais e internacionais, e o fixeron públicamente, non en charlas de café.
    Noraboa, por último, a O Sorriso de Daniel pola iniciativa. Tiven ocasión de ver as pezas na exposición Domus Iacobi e son, sen dúbida, magníficas. Nos últimos tempos foi, precisamente, Yzquierdo Perrín o que se interesou por elas e as estudiou. Merece a pena o esforzo e ogallá volten axiña á Catedral de Santiago.

    ResponderEliminar
  9. Dende O Sorriso de Daniel queriamos pedirlle desculpas ao autor deste último post pola tardanza en ser publicado o seu comentario.
    Este blog está configurado para que a publicación sexa inmediata. Sen embargo, non sabendo polo qué, este comentario entrou nun caixón de SPAM. Non sabemos durante canto tempo permaneceu aí ata que o vimos. Non nos pasara nunca con aterioridade e non o revisamos con regularidade.
    Se o tempo foi moito quixeramos aclararlle que non foi porque estivese no noso ánimo actuar de censores con ningún dos comentarios.
    Grazas por estardes todos e todas aí!

    ResponderEliminar
  10. Me parece interesante el debate sobre esta reconstrucción, es curioso que resurja la polémica años después entre Esteban y Anónimo. Yo solo quiero aportar mi modesta opinión no especializada de un estudiante de geografía en Santiago en aquella época, un estudiante coetáneo al puzzle este del coro pétreo. Un día por medio de un colega entramos en el taller donde trabajaban los canteros y vimos con toda claridad como serraban directamente las piezas originales. Aunque no eramos especialistas en arte o en restauración quedamos alucinados pues el sentido común nos decía que aquel tratamiento era agresivo y poco adecuado. Yo que estudiaba en la Facultad rodeado de "profesores, investigadores, especialistas" como el Anónimo camuflado defensor del puzzle mateano, no escuché comentario favorable de ninguno de ellos, sino todo lo contrario: estaban consternados sobre el desastre que se estaba cometiendo y lamentaban que con el patrocinio de la Fundación Barrié se llevase a cabo tal desaguisado. Consternados pero ben caladiños, eso siempre. Me gustaría leer algún artículo firmado por un experto en restauración con conocimiento y experiencia (no es necesario que sea prestigioso, sino que sea experto de verdad) que defienda con argumentos sólidos esta intervenciòn, La verdad es que la arremetida del Anónimo-Camuflado acusando a Esteban de envidioso no me hace cambiar de opinión, sino que reafirma lo que ya pensaba. Resultaría interesante escuchar a especialistas en un congreso que aborde esta cuestión, desde aqui se lo proponemos al Consello da Cultura Galega. Gracias O Sorriso de Daniel y enhorabuena por la nueva campaña en defensa del patrimonio de Abeleda.

    ResponderEliminar
  11. facede por favor un montaxe fotografico cas figuras onde deben estar , non Portico da Gloria .........e espallaremolo por as redes....¡

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O de facer unha montaxe fotográfica non está doado porque as pezas sairon de alí seguramente no último terzo do século XVIII e despois de ter estado nun pazo na Ulla o concello de Santiago recomprounas coa condición de non volver sair de Santiago. Iso aconteceu arredor de 1947 e despois diso foi cando foron parar a mans da familia Franco. Co cal non é doado saber o sitio exacto no que estaban. As dúas pezas xemelgas destas son as que reciben aos visitantes no alto das escaleiras na parte de exterior pero está claro que son froito de unha recolocación. Por iso nós pediamos que se gardasen no Museo da Catedral.

      Eliminar