sexta-feira, 10 de novembro de 2017

XEIRA ROMÁNICA POR GUNTÍN E LUGO

O domingo 19 de novembro temos unha xeira románica pola bisbarra de Lugo.

O programa da xeira non podía ser máis interesante:

9.30h. Santa María de Ferreira de Pallares (Guntín).
Cediño para aproveitar a luz visitaremos unha das igrexas máis monumentais da comarca luguesa.


11.30h. Mosteiro de Guntín.
De Ferreira pasaremos a Mosteiro, unha xoia escondida e pouco coñecida chea de pequenos segredos.


13.30h. Santa Cruz da Retorta.
En Santa Cruz da Retorta descubriremos como de fondas son as raíces do noso románico.

O xantar farémolo na Cruz da Veiga
16.30h Museo diocesano da Catedral de Lugo
E pola tarde teremos o privilexio de coñecer o anovado museo diocesano da man dunha das súas principais impulsoras porque toda a visita estará guiada por Carola Casal. Xa sabedes... o museo diocesano de Lugo é ese sitio onde ollar de fronte o crismón de Quiroga ou emocionarse coa inxenuidade dunha virxe montañesa.

Como sempre... as prazas son limitadas e é preciso anotarse canto antes.

Para a inscripción tendes que enviar un correo electrónico a osorrisodedaniel@gmail.com con asunto:
Xeira Guntín. No correo debedes dar o nome completo das persoas que queredes asistir, deixar un teléfono de contacto e decirnos que segundo prato do menú queredes (pescada ou carne de tenreira estofada). Tamén se tendes algunha alerxia alimentaria que debamos ter en conta e coma sempre podedes dicirnos de onde saídes e se estaríades dispostos a compartir coche dende o lugar de partida)

O custo da actividade é de 25 euros por persoa e inclúe o xantar e mais a entrada no museo diocesano.
anotádevos canto antes!!!! as prazas voan!

E se esta actividade no vos convence lembrade que na mesma semana hai moitas asociacións da Rede do Patrimonio facendo cousas para celebrar o Día do Patrimonio
+ INFO www.redepatrimonio.gal
https://www.facebook.com/rededopatrimoniocultural/

Sem comentários:

Enviar um comentário